O noso día. O dia grande de Galicia!
Trabúcanse, de novo, os que queren proxectar a festividade do 25 de xullo como un evento nacionalista ou separatista
O dia grande de Galicia! O día grande de todos os galegos e galegas! Claro que si. Sentirse galego é un sentimento e ser galego un orgullo. Trabúcanse, máis unha vez, os que queren proxectar a festividade do 25 de xullo como un evento nacionalista-separatista. Alá eles. O seu rancio sectarismo é totalmente alleo á realidade e pensamento do noso pobo.
Galicia vive en liberdade, en tranquilidade, en harmonía, lonxe das estridencias de quen defende postulados extremistas e radicáis. Aquí non temos problema ningún coa nosa cultura, co noso idioma, coa nosa bandeira e co noso himno. Sabemos ser galegos e sabemos ser españois.
En Galicia non se coartan as liberdades de información e opinión,como pretende presuntamente Pedro Sánchez en toda España, aplicando unha mordaza aos medios de comunicación que unicamente pretenden informar, con realidades e certidume, do que acontece no noso país. A Unión Europea quere fortalecer aínda mais a independencia dos medios de comunicación, mentres aquí, en España,o sanchismo pretende facer o camiño oposto.
«Intoxican o debate público co único obxectivo de debilitar as nosas democracias e polarizar as nosas sociedades»,di Pedro Sánchez. E eu digo que non ten credibilidade ningunha. Que tratar de exemplarizar con grandilocuentes frases de rexeneración democrática, vindo de quen veñen, é un desprezo á intelixencia dos españois e españolas.
Trata de instaurar o pensamento único, o seu. Alértanos a todos do seu particular método de Santa Inquisición con forma de lei coa que intervir directamente en competencias autonómicas e municipais para controlar os medios de comunicación. En síntese, cando o poder político procura acurralar e someter ao poder xudicial e á prensa libre , simplemente está a destruír a democracia e a instaurar un réxime político totalitario.
Pero hoxe toca falar de Galicia, da nosa Galicia. Dunha terra verde mires onde mires. Dun mar azul e praias paradisíacas. Dunha gastronomía e un sector vinícola incribles. Dunha paisaxe natural para envexar. Dunha Galicia que lle gusta reunirse ao redor dunha boa mesa rodeados de familiares e amigos. Unha Galicia que coñece a odisea da emigración máis ca ninguén. Poucas son as familias galegas que non tiveron algún membro na emigración. Aproveito esta columna de opinión do día de Santiago Apóstolo para homenaxear os meus curmáns e tíos que xa levan máis de medio século en Sao Paulo, en Brasil.
Hoxe é o día de todos os galegos e galegas estean onde estean!.Feliz día de Galicia!