Vídeo: as empresas do Atlas asumen que necesitan un “comportamento ético impecábel”

Economía Digital Galicia difunde o vídeo completo e o resumo da presentación do Atlas Galego da Empresa Comprometida, un proxecto para poñer en valor as millores prácticas na creación de riqueza sostible e no que participaron 80 empresas cunha facturación conxunta de case 47.000 millóns

El presidente de la Xunta en funciones, Alfonso Rueda, durante su intervención en la presentación del Atlas Gallego de la Empresa Comprometida / Xurxo Lobato

El presidente de la Xunta en funciones, Alfonso Rueda, durante su intervención en la presentación del Atlas Gallego de la Empresa Comprometida / Xurxo Lobato

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

O pasado 20 de marzo en Santiago presentouse a cuarta edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida diante dun público conformado por empresarios, académicos, directivos, xornalistas e responsables da sostibilidade. Todos puideron coñecer polo miúdo os resultados do esixente escrutinio ao que foron sometidas 80 empresas comprometidas coa transparencia, a sostibilidade e o impacto positivo no territorio.

Como explicou o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, convidado de excepción no acto, as compañías “aceptaron voluntariamente someterse a un cuestionario exhaustivo, que é sempre exporse a unha auditoría, un exame, un exercicio de transparencia para dar unha visión global de como estamos”.

Os resultados destas 80 empresas con sede en Galicia, que en conxunto facturan 46.893 millóns de euros e 242.561 empregos directos, amosan que as cousas están a facerse ben, aínda que con marxe de mellora. Nas catro grandes categorías analizadas polo Atlas, compromiso co bo goberno, o medio ambiente, coa contorna e coas persoas, a cualificación media supera o aprobado.

A mellor valoración obtense na relación co medio, que mide o vencello entre empresas e axentes sociais ou a súa predisposición a instalar centros produtivos e seleccionar os seus provedores no territorio, é dicir, en Galicia. « Hai que felicitarnos, parece que hai unha sensación de traballo conxunto importante », concluíu Marcelino Fernández Mallo, director técnico de Atlas.

VIDEO RESUMO

Na presentación do acto, Julián Rodríguez , director de Economía Digital Galicia, agradeceu ás empresas participantes que aceptaran someterse a “preguntas incómodas, que non son as habituais”. Juan García, conselleiro delegado de Grupo Economía Digital, fixo o discurso inaugural, reivindicando a vocación da empresa xornalística de transcender a súa oferta informativa habitual e interactuar con empresas, administracións e sociedade civil para promover iniciativas “útiles” que xeren transparencia e “que nos axuden a tomar decisións fundamentais que nos fagan máis libres e menos escravos dos prexuízos”.

Correspóndeulle ao economista Marcelino Fernández Mallo debullar os puntos fortes e débiles detectados no estudo. O director técnico de Atlas destacou elementos como a xestión ética en base ás amplas ferramentas empregadas polas empresas galegas nesta materia. Destacou tamén un forte crecemento en materia de certificación, o que supón un aval externo da xestión. “Temos un nivel moi alto de código ético, de seguemento de procesos, de información… Creo que a empresa galega ten interiorizado por completo a necesidade dun comportamento ético impecábel “.

Os datos tamén deixaron claro que “a empresa galega é consciente do risco ambiental que estamos a vivir e é consciente de como abordalo”, aínda que Fernández Mallo sinalou que é necesario acelerar a descarbonización. ” Temos que reducir as emisións de efecto invernadoiro máis rápido do que o estamos a facer”, sinalou.

VIDEO COMPLETO DA PRESENTACIÓN

Unha Xunta «amigable» para as empresas

Alfonso Rueda rematou o acto reivindicando unha Xunta “amable” para as empresas, pero tamén rigorosa nas esixencias e control medioambiental. “Confío moito no sector empresarial de Galicia”, dixo o dirixente autonómico, que anunciou unha lexislatura intensa na colaboración público-privada. «Seremos estritos nos controis que nos correspondan, pero estaremos a favor de que as industrias se instalen en Galicia . Esa postura de desconfianza de entrada só serve para paralizar proxectos e progreso económico, e para que o crecemento e o progreso que podería ficar en Galicia vaia a outros lugares”, explicou.

O líder do Goberno galego asegurou que estamos nun momento de “aproveitar oportunidades” e que Galicia “ten enormes oportunidades que aproveitar”. «Demostraremos que confiamos na empresa e que somos absolutamente rigorosos. O que non pode ser, non será; Pero o que sexa factible, faremos todo o posible para que suceda”, concluíu.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

Ahora en portada