Actualizado
Un proxecto de Economía Digital Galicia que se consolida
Na súa terceira edición, o Atlas Galego da Empresa Comprometida conta coa participación de empresas e grupos empresariais que suman ingresos equivalentes ao 61% do PIB de Galicia.
A terceira edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida conta coa participación dun total de sesenta empresas e colectivos empresariais que reflicten o dinamismo da economía galega, xa que que suman unha facturación equivalente ao 61% do PIB de Galicia. Amáis, o 53% das empresas participaron en todas as edicións, o que indica o alto grao de fidelidade que esperta o proxecto de Economía Digital Galicia.
As empresas participantes constitúen unha mostra relevante do tecido empresarial galego. En conxunto, xeran 233.324 empregos e facturan 39.114 millóns de euros. Estas cifras representan o 40,3% dos ingresos das 20.000 empresas do último informe Ardán, publicado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, e o 61,6% do emprego.
Nesta edición, a terceira, o proxecto contou novamente co economista Marcelino Fernández Mallo como director técnico, e co equipo de Táctica y Estrategia de Comunicación, dirixido por Virgilio Costas Pumar, director de desenvolvemento do proxecto. Desta vez uníronse a eles e aos xornalistas de Economía Digital Galicia técnicos de Iberinform para realizar parte do traballo de campo. Xa que logo, o Atlas Galego da Empresa Comprometida medra e nas súas dúas versións, castelán e galega, consolídase coma referente analítico.