A Arxentina de Milei: un país con 180.000 galegos, clave para San José e onde Zara opera baixo franquía

Moody´s advirte de que o candidato ultradereitista asume a presidencia encarando “desafíos extremos con resultados altamente incertos” nun país que exporta a Galicia máis de 500 millóns de euros anuais e é caladoiro das grandes pesqueiras, de Profand a Nueva Pescanova

El presidente electo de Argentina avisa de que "no hay lugar para la tibieza o las medias tintas"

Decenas de personas observan en una pantalla al presidente electo de Argentina, Javier Milei, que celebra junto a su hermana y jefa de campaña, Karina Milei, tras conocer los resultados que le dieron como ganador. EFE/ Enrique García Medina

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

O troco político en Arxentina lanza aínda moitas incógnitas. O candidato de Libertad Avanza, Javier Milei, resultou elixido presidente do país ao desbancar ao candidato peronista e, até o de agora, ministro de Economía, Sergio Massa. O ultradereitista asumirá o cargo o próximo 10 de decembro con numerosas interrogantes sobre se poderá levar á realidade moitas das propostas realizadas en campaña. Cunha inflación que supera xa o 140% interanual no país, aposta por medidas controvertidas como a abolición do Banco Central arxentino e a dolarización que, asegura, logrará reducir a alza dos prezos así como a inxente débeda co FMI.

Este luns, a cualificadora de risco Moody´s explicou que o candidato libertario encara na súa etapa á fronte do Goberno arxentino “desafíos extremos con resultados altamente incertos”.

Jaime Reusche, analista principal de Moody´s para o país, aludiu ás “medidas contundentes” enarboradas por Milei en campaña “que poderían abordar co tempo os fortes desequilibrios que actualmente paralizan a actividade económica de Arxentina, distorsionan os prezos relativos e reducen o poder adquisitivo”. Con todo, o economista defende que “se estas medidas se promulgan tal e como se describiron, causarían un axuste económico abrupto e profundo, colapsando a demanda interna e ameazando a estabilidade financeira”.

A ‘quinta provincia’ galega

Pase o que pase, o futuro de Arxentina é analizado con lupa desde España, tendo en conta o volume de cidadanía con nacionalidade española na denominada “quinta provincia galega”, durante anos, clave para determinar os resultados electorais na comunidade. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a 1 de xaneiro de 2023, a poboación de nacionalidade española residente en Arxentina estaba composta por algo máis de 477.000 persoas, das que 180.500 tiñan orixes galegas. Desta cantidade, unhas 43.000 persoas terían nado en territorio galego, segundo os rexistros.

Pero, cales son as relacións de Galicia con Arxentina? Segundo os datos de comercio exterior, entre xaneiro e setembro deste ano, desde a comunidade realizáronse exportacións por valor de 87 millóns de euros fronte a unhas importacións de 338 millóns de euros. O pasado ano, as exportacións foron de 80 millóns fronte aos 568 millóns de euros importados, en liña cos 536 millóns de 2021. A gran maioría desas importacións correspóndense co sector da alimentación, xa que se trata dun territorio fundamental para as grandes pesqueiras.

De Nueva Pescanova a Profand

Por exemplo, a primeira pesqueira galega, Nueva Pescanova, ten en Arxentina a súa filial Argenova que, con 16 buques, dedícase ás capturas de gambón, lura e pescada negra. Cada ano comercializa máis de 20.000 toneladas de produto e suma uns 125 millóns de dólares en vendas. Conta cun persoal de 800 empregados directos no país.

A segunda pesqueira galega por vendas, Profand, conta en Arxentina cunha frota de nove barcos, dúas plantas de procesado e dous almacéns frigoríficos. Iberconsa, pola súa banda, suma tres plantas procesadoras no país austral, onde ten unha cota de pesca de 75.500 toneladas.

San José

Arxentina tamén é unha peza crave no debuxo de San José, o grupo construtor de Jacinto Rey. Segundo a súa última memoria anual, en 2022 o importe da cifra de negocios xerada no país foi de sete millóns de euros (818 millóns en España). As súas sociedades radicadas no territorio suramericano teñen activos por valor de máis de 50 millóns de euros.

Os de Jacinto Rey non só realizan alí actividades de construción. De feito, en Arxentina contan con tres centros comerciais destinados á explotación en réxime de alugueiro: Avellaneda, Quilmes e a A Tablada. O 54% da súa carteira de chan está no país.

Ademais, o grupo de orixe galego tamén conta cunha participación de máis dun 52% na compañía agropecuaria con base de operacións en Arxentina Carlos Casado. A mesma é unha “das principais compañías agropecuarias de Latinoamérica”. Cotizada na bolsa de comercio de Bos Aires e de Nova York,, entre os seus activos máis importantes está unha propiedade de 200.000 hectáreas no Chaco paraguaio.

Hai que lembrar que San José tivo como conselleiro independente no pasado ao economista arxentino Guillermo Nielsen, quen abandonou o asento no órgano de dirección do grupo en 2019, cando foi nomeado presidente da petroleira estatal YPF por parte do peronista Alberto Fernández.

Un das agrupacións industriais de Inditex

Inditex conta na Arxentina cunha das doce agrupacións industriais que conforman a súa cadea de subministro. As fábricas dependentes dos seus provedores suman cadros de persoal no país de máis de 8.000 persoas.

Ata este ano contaba con 11 tendas no país, de Zara e Zara Home, pero optou por un cambio de modelo tanto aquí como en Uruguai, dando a xestión directa das tendas ao grupo panameño Regency e pasando a actuar mediante franquía. Na súa memoria anual non desagrega o resultado antes de impostos obtido no país suramericano, que non é a súa principal punta de lanza na zona, fronte a Brasil, onde obtivo un beneficio de 122 millóns ou México, con 376 millóns.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

Ahora en portada