Unha oportunidade para a transformación

De percibir os fondos solicitados, o goberno de A Coruña terá mobilizados 23 millóns de euros dos Next Generation para a mellora da cidade

La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey

La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Os fondos Next Generation que mobilizarán 70.000 millóns de euros en investimentos públicos entre 2021-2023 supoñen unha oportunidade sen precedentes para a transformación económica do país. Unha transformación baseada en catro piares: a transición ecolóxica, a modernización dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero; políticas centráis que, de seguro, determinarán a nosa evolución futura como sociedade.

Mentres algunhas administracións como a Xunta de Galicia dedícanse exclusivamente a tratar de desprestixiar o maior plan de transformación e recuperación posto en marcha en anos, criticando todos os días unha suposta falta de axilidade, outras administracións, como o Concello da Coruña, aproveitan a oportunidade que supón para a recuperación económica e modernización da cidade.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey expuxo esta mesma semana os preto de vinte proxectos que presenta a cidade á segunda convocatoria dos fondos europeos Next Generation. Actuacións todas que buscan a mellora da calidade de vida da cidadanía contribuíndo a transformación de diferentes barrios da cidade. Os proxectos presentados, que teñen un orzamento total de 12,3 millóns de euros, permitirán mellorar de forma inmediata cuestións fundamentais como a accesibilidade e a seguridade viaria, ademais de contribuír a gañar novos espazos para os peóns e seguir ampliando as políticas de mobilidade sostible.

De percibir os fondos solicitados, o goberno da cidade terá mobilizado 23 millóns de euros dos Next Generation para a mellora da cidade.

Uns 23 millóns que se suman aos 12,6 do IDAE para a renovación da totalidade da iluminación da cidade e que implican que o goberno local terá acadado en só tres anos máis de 35 millóns en axudas da Unión Europea para a recuperación económica e modernización da urbe.

Ante unha oportunidade sen precedentes como estas convocatorias de fondos europeos que, ademais de mellorar a vida da xente, teñen un impacto medible sobre o crecemento económico e a creación de emprego, só cabe porse a xestionar para conseguir desenvolver o maior número de proxectos e iso é precisamente o que estamos a facer dende o Concello da Coruña. A crítica sen fundamento e a perrencha por non ter o control dos fondos xa lla deixamos á Rueda.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp