Unha cidade de cine

Consolidar a Semana do Cinema Galego ou o proxecto da Coruña Film Office para promover as rodaxes de cinema, televisión e publicidade na cidade poñen de manifesto o compromiso do goberno municipal

Cartaz promocional da Mostra de Cinema Periférico S8 na Coruña

Cartaz promocional da Mostra de Cinema Periférico S8 na Coruña

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Un 23 de maio, mais de 1897, hai 124 anos, José Sellier, afincado na Coruña desde 1886, fai a primeira exhibición do cinematógrafo nesta cidade. Máis alá das obras dos Lumière, que entón comezaban a difundirse na Coruña, ese ano foi especial tamén por outro feito: Sellier filma as primeiras imaxes cinematográficas da cidade, que son tamén das primeiras películas rodadas en Galicia.

A Coruña ten, pois, unha relación co cinema que o vindeiro ano chegará ao seu 125 aniversario, longa relación baseada no amor declarado que os coruñeses senten, desde sempre, pola denominada sétima arte.

Os cines da Coruña forman parte da memoria colectiva dos coruñeses. O Cine Avenida, o París, o Cine Coruña ou o Riazor, hoxe desaparecidos, seguen moi presentes nos recordos de varias xeracións de coruñeses que, seguramente, construíron boa parte dos seus soños sentados nas butacas desas salas.

Fotografía de José Sellier do Cantón Grande da Coruña a comezos do século XX

Esta cidade tivo sempre un compromiso coa difusión do cinema de calidade, do cinema clásico, de vangarda, do cinema de repertorio. Inés Rey reforzou o seu compromiso coa cultura durante este mandato e a nosa intención, malia pandemia, é afondar nesa liña.  Unha boa mostra dese compromiso é a aposta, desde o principio, pola Filmoteca do Fórum. No último ano e medio, polas dúas salas do Fórum pasaron 116 títulos distintos, con 560 funcións. Loxicamente, a pandemia abriu unha paréntese (de 15 semanas), mais aínda así, 12.717 espectadores puideron gozar dunha programación da maior calidade.

Van 12 edicións do S8, unha mostra de primeiro nivel que favorece a difusión de cultura audiovisual contemporánea e de vangarda

O apoio, ano tras ano, do Concello da Coruña á Mostra de Cinema Periférica o S8, é outra proba máis dese compromiso co cinema. Van 12 edicións do S8, hoxe unha mostra internacional perfectamente asentada no calendario, unha mostra de primeiro nivel que favorece a difusión de cultura audiovisual contemporánea e de vangarda.

A decisión de consolidar a Semana do Cinema Galego ou o proxecto da Coruña Film Office para promover as rodaxes de cinema, televisión e publicidade na cidade son outros dos compromisos que poñen de manifesto o compromiso do goberno municipal de seguir traballando para facer da Coruña unha auténtica cidade de cine.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp