Un goberno que apoia á hostalería

Varias personas en la terraza de un bar, a 29 de mayo de 2021, en A Coruña. - M. Dylan - Europa Press

Varias personas en la terraza de un bar, a 29 de mayo de 2021, en A Coruña. – M. Dylan – Europa Press

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

O goberno da Coruña foi pioneiro en 2020 na posta en marcha dun Plan de Recuperación Económica e Social, o PRESCO, que contemplaba axudas directas para o pago de alugueiros, cotas de seguridade social e de autónomos. Un plan do que se beneficiaron 759 hostaleiros con axudas de 1.500 euros de media.

Este ano 2021 puxemos en marcha de novo axudas directas de 2.000 euros para autónomos e micropemes para o pago de cotas de seguridade social e alugueres que xa solicitaron preto de 1.000 hostaleiros. En total 6,2 millóns de euros de inversión que sumados aos 14 millóns de 2020, achegan a aportación do Concello da Coruña á reactivación económica da cidade e protección social aos 20 millóns de euros.

Ademais deste plan, apostamos por reducir nun 50% as taxas de auga e depuración de locais comerciais durante todo o 2021 e por eliminar as taxas ás terrazas, así como poñer a disposición dos interesados e interesadas novos espazos.

O noso obxectivo é claro: seguir apostando por este sector fundamental da Coruña

Esta mesma semana a alcaldesa, Inés Rey comprometíase co sector a manter os novos espazos na calzada baixo criterios de seguridade e estética, tal e como se está a facer nas principais cidades españolas coa vontade de axudar ao sector hostaleiro.

O noso obxectivo é claro: seguir apostando por un sector fundamental da Coruña, formado na súa maior parte por pequenos empresarios e autónomos que xera emprego e que dinamiza a actividade económica da cidade.

Mentres o Concello da Coruña tomaba estas medidas, a Xunta de Galicia, con competencias na materia, miraba cara outro lado cando aplicaba as restricións sen adoptar ningunha iniciativa para paliar as consecuencias económicas das mesmas. As institucións teñen que escoller se queren ser parte da solución ou ser elas mesmas parte do problema. Nós temos dado pasos á fronte para aportar solucións. A Xunta semella que discorre por outro camiño.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp