Un goberno eficiente que xestiona

Temos a obriga de que os fondos públicos sirvan para mellorar a vida dos cidadáns. Non poden quedar na caixa, como acontecía non hai moito

Presco

Solicitud de los bonos comercio del Concello da Coruña

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

O 2021 será recordado por todos como o ano da pandemia, o ano no que foi imposible desenvolver a nosa vida con normalidade e no que cada mes tiñamos que cambiar os noso comportamento en función da evolución do virus. O goberno local, consciente desa realidade, aprobou de novo un Plan de Recuperación Económica e Social (PRESCO) para axudar de forma directa aos que peor o estaban a pasar mais, ao mesmo tempo, desenvolveu un traballo inxente na regularización e licitación de contratos municipais. Os datos están aí, en 2021 realizáronse contratos por valor de 81,4 millóns de euros o que supón dobrar o importe licitado en 2020, cando se licitaron contratos de obras e servizos por valor de 41 millóns de euros.

Ademais, en 2021, a porcentaxe de execución do orzamento situouse ao redor do 80% sendo a cantidade final de orzamento investido de 241,53 millóns de euros. Porque o Goberno da Coruña que dirixe Inés Rey considera que o investimento público é clave para apoiar unha reactivación económica máis necesaria ca nunca.

Temos a obriga de que os fondos públicos sirvan para mellorar a vida dos cidadáns. Non poden quedar na caixa, como acontecía non hai moito. Por iso o aforro neto reduciuse ata os 4,10 millóns de euros, máis da metade en comparación co 2020, cando fora de 9,10 millóns de euros, unha cifra que no mandato pasado superaba os 22 millóns. Pero ademáis de contratar obras e servizos, o investimento realizado nestes tres anos de mandato obedece a uns obxectivos moi concretos: á mellora de todos os barrios, facendo unha cidade máis amable e pensada para as persoas, ao reforzo dos servizos sociais para ofrecer unha saída aos que peor o están a pasar, á mellora da sustentabilidade e do coidado do medio ambiente e a promoción da cultura e a recuperación turística da cidade como sede de grandes eventos.

Tres anos de xestión que se cumpren este mes e que permiten identificar claramente o modelo de cidade que está a desenvolver o Partido Socialista na Coruña, cun goberno que xestiona os fondos públicos eficientemente co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e de impulsar a recuperación económica da cidade.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp