Un ataque a Europa

Neste conflito non podemos poñernos de lado, porque o ataque de Putin a Ucraína debe interpretarse como un ataque a Europa e por tanto non valen equidistancias

Ucrania

Imagen de una de las protestas en Turín por la invasión de Ucrania por parte de Rusia / EFE/EPA/ Alessandro Di Marco

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

A inxustificada invasión de Ucraína por parte de Rusia é unha violación do dereito internacional, da soberanía nacional e da integridade territorial de Ucraína mais tamén é un ataque frontal a Europa, a uns principios e valores que nos teñen proporcionado anos de estabilidade e de prosperidade.

As accións militares do goberno de Putin vulneran os principios fundamentais de fundación da Unión Europea que son compartidos pola maioría dos españois: a paz, o respecto á legalidade e á solidariedade. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, sinalaba a inequívoca posición que manterá o Goberno de España neste conflito e que non é mais que a defensa destes principios e valores, a legalidade internacional, a paz e a solidariedade coa poboación afectada polo ataque ruso.

Neste conflito non podemos poñernos de lado, porque o ataque de Putin a Ucraína debe interpretarse como un ataque a Europa e por tanto non valen equidistancias

Neste conflito non podemos poñernos de lado, porque o ataque de Putin a Ucraína debe interpretarse como un ataque a Europa e por tanto non valen equidistancias. Todas as forzas políticas deberíana apoiar, sen ningún tipo de dúbidas, todas as actuacións encamiñadas ao restablecemento da legalidade e a defensa dos dereitos humanos.

É tamén fundamental que ante este conflito sexamos quen de manter a unidade, a unidade de todos os que cremos na democracia, no Estado de Dereito, nun mundo baseado en regras e por tanto, no respecto ás fronteiras e á soberanía nacional.

A Unión Europea debe tomar todas as medidas que sexan precisas para frear o ataque ruso e para axudar e auxiliar á poboación afectada e España ten que ser, como sempre fixo neste tipo de situacións, un país comprometido e solidario.

Europa ten unha nova oportunidade de demostrar unidade, solidariedade e integración, dedicando os medios necesarios e tomando as decisións oportunas para facer fronte a esta grave crise e aos seus efectos económicos. Non está en xogo só a integridade dun país, están en xogo os nosos valores fundacionais como Unión: a paz, a legalidade internacional, a solidariedade e mesmo a democracia.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp