Santa Lucía, outro froito do diálogo
Vivimos nun mundo no que, por desgraza, o diálogo e a capacidade de entendemento, de achegar posturas, de chegar a acordos, non figura entre as prioridades de moitos representantes públicos.
A aprobación, a semana pasada, do convenio entre o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia para a construción do centro de saúde de Santa Lucía, non supón só dar resposta a unha necesidade longamente agardada. Supón tamén a constatación dos resultados do modelo de Goberno establecido por Inés Rey.
Hai quen busca na confrontación un rédito espurio. Quen entende que a política baséase no asedio, non en tender pontes
Ese modelo fixa como único obxectivo dar resposta ás necesidades dos cidadáns. E fixa como método o diálogo para chegar a bo porto. Vivimos nun mundo no que, por desgraza, o diálogo e a capacidade de entendemento, de achegar posturas, de chegar a acordos, non figura entre as prioridades de moitos representantes públicos. Hai quen busca na confrontación un rédito espurio. Quen entende que a política baséase no asedio, non en tender pontes.
Inés Rey tomou outro camiño, o do diálogo honesto, o da vontade de acordo, o de querer escoitar. O centro de saúde de Santa Lucía é unha demostración máis dos froitos desa forma de entender o goberno, froitos que só buscan beneficiar aos cidadáns. O auténtico diálogo transcende as cores políticas. Dentro das lexítimas diferenzas é posible moitas veces chegar a un entendemento, e mesmo recoñecer tamén o traballo de quen defende un ideario distinto, como facemos coa Consellería de Sanidade no caso de Santa Lucía. Só poñéndonos por riba das diferenzas acadaremos unha sociedade capaz de avanzar.
Dentro das lexítimas diferenzas é posible moitas veces chegar a un entendemento, e mesmo recoñecer tamén o traballo de quen defende un ideario distinto
Esa forma de entender o público está a dar bos resultados aos cidadáns da Coruña, que terán tamén un novo CHUAC grazas a esa capacidade de pacto, e que poderán recuperar o mar e o porto porque tamén nese ámbito seremos quen de entendernos con quen pensa distinto.
Temos demostrado que é posible avanzar dialogando con todas as forzas, sen exclusións, e temos demostrado que, así, a cidade avanza.
Santa Lucía é tamén un exemplo da aposta do Goberno municipal por distribuír os investimentos por toda a xeografía da cidade. No que vai de mandato van máis de 29 millóns de euros investidos en todos os barrios, e por diante quedan outros 50 millóns máis na mellora de toda a malla urbana.
Tamén esa forma de racionalizar o investimento é definitoria do noso modelo de Goberno. Porque o suxeito ao que teñen que ir dirixidas as políticas públicas non pode ser un territorio, senón aqueles que o habitan. Baixo esa premisa o Concello da Coruña actúa desde Palavea ata Monte Alto, desde As Xubias ata Bens, coa sensibilidade suficiente para atender e dar resposta ás demandas. No fondo, esa sensibilidade resposta ao mesmo espírito que anima a vontade de diálogo de Inés Rey, que non é outro que o de ter a capacidade de escoitar a todos, sen exclusións. Só quen sabe escoitar pode ser eficaz na xestión e xusto nas súas decisións. E diso se trata.