Respostas en tempos de crise
Os impostos as empresas enerxéticas e á banca permitirán recadar 1.500 millóns de euros ao ano que poderán ser empregados para axudar aos que menos teñen
A intervención do presidente do Goberno no debate do Estado da Nación ofreceu respostas e medidas concretas para facer fronte a crise, propostas reais que beneficiarán a miles de galegos.
Os impostos as empresas enerxéticas e á banca permitirán recadar 1.500 millóns de euros ao ano que poderán ser empregados para axudar aos que menos teñen. En global o paquete de medidas propostas supón un importe de 15.000 millóns de euros que irán destinados a non deixar a ninguén atrás.
A repercusión directa destas medidas para os galegos é máis que evidente, xa que bonificación do 100% nos bonos de Renfe beneficiará a miles de galegos que empregan o tren cada día para estudiar ou traballar e se suma as medidas xa tomadas por este goberno como a rebaixa das peaxes na AP-9 e a bonificación no prezo dos carburantes. Pero ademais, 80.000 mozos galegos verán incrementada a súa beca en 100 euros ao mes.
O goberno de Pedro Sánchez acaba de demostrar de novo que nos momentos de crise a súa prioridade son os traballadores, tomando medidas de esquerdas que benefician á xente de a pé como fixo cos ERTES durante a pandemia que evitaron que máis de 100.000 persoas perdesen os seus postos de traballo.
Tócalle agora á Xunta mover ficha e complementar as medidas postas en marcha polo goberno central e bonificar por exemplo a gratuidade dos abonos de transporte en autobús.
Hai dous modelos de afrontar as crises: poñer sobre a mesa respostas e medidas que axuden aos que mais o precisan, como acaba de facer o goberno de Sánchez ou mirar para outro lado. É evidente que a Xunta, polo de agora, aposta polo segundo.