Preservar a paz e protexernos

A relación de España coa Alianza Atlántica é unha historia de éxito que nos ten proporcionado 40 anos de seguridade, de modernización das nosas forzas armadas e de estatus internacional

Foto de familia de los asistentes a la cumbre de la OTAN

Foto de familia de los asistentes a la cumbre de la OTAN EFE/JUANJO MARTIN

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

As decisións adoptadas no Cumio da OTAN a pasada semana van orientadas a un mesmo obxectivo: preservar a paz e protexer as nosas sociedades. Pero ademais a exitosa celebración do Cumio da OTAN permitiu lanzar tamén unha mensaxe de unidade e cohesión ante as ameazas globais.

O impacto da celebración do Cumio é evidente e contribúe a incrementar o noso prestixio como país, ninguén cuestiona a nosa capacidade organizativa e a boa imaxe acadada por España, e nos proxecta como un país moderno, solvente e comprometido coa seguridade internacional fortalecendo tamén a nosa política exterior.

É unha mágoa que algúns, 40 anos despois da historia da Alianza Atlántica, non sexan capaces de entender que a relación de España coa Alianza Atlántica é unha historia de éxito que nos ten proporcionado 40 anos de seguridade, de modernización das nosas forzas armadas e de estatus internacional.

Pero é aínda peor que, en plena guerra de Ucraína, cando temos a necesidade de estar unidos e fortes, un partido que forma parte do goberno sexa o que encabece as principais críticas contra a celebración do Cumio e contra os acordos adoptados.

A OTAN ten sido, e segue a ser, o elemento central da nosa defensa colectiva mais tamén o instrumento indispensable para a consecución dun mundo máis libre e humano. Poñer en cuestión estes principios básicos por parte de membros do Goberno de España, resulta, cando menos, sorprendente e incomprensible.

As responsabilidades políticas esixen madurez por parte de quen as ostenta e cando se acepta entrar nun goberno debe asumirse principio básico: non se pode ser goberno pola mañá e oposición pola tarde, non se pode formar parte do Consello de Seguridad Nacional e estar en contra das decisións adoptadas no Cumio da OTAN e da súa propia celebración. Non pido coherencia, pido sentido común e responsabilidade.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp