Os orzamentos que precisa A Coruña

Os 59 millóns de euros destinados a investimentos contribuirán á dinamización económica da cidade, mais tamén axudarán a transformala nun lugar cunha mellor calidade urbana e con máis servizos

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

O Concello da Coruña contará este anos cuns orzamentos que aumentan ata os 310 millóns de euros, 50 millóns de euros máis que no 2020. Incluíndo os entes e empresas municipais, os recursos municipais ascenden a 335 millóns de euros.

Unha potente ferramenta para axudar na dinamización económica da cidade, mais tamén para estender o escudo social ás persoas que máis o precisan e contribuír a mellora da calidade urbana e ambiental da cidade.

As Administracións temos que facer un esforzo especial para deixar atrás a pandemia e para contribuír á dinamización económica para facer fronte a nova situación xerada pola invasión de Ucraína

Son uns orzamentos deseñados para o momento que estamos a vivir, un ano no que as Administracións temos que facer un esforzo especial para deixar atrás a pandemia e para contribuír á dinamización económica para facer fronte a nova situación xerada pola invasión de Ucraína. O incremento do gasto social nun 12,6%, ata os 27,5 millóns de euros, permitirá ampliar programas como a Renda Social Municipal ou poñer en marcha outros como o de apoio a persoas coidadoras ou de atención á saúde mental. As aportacións ás entidades sociais, culturais e deportivas da cidade crecen tamén ata superar os 9 millóns de euros, 841.000 euros máis que nos últimos orzamentos en vigor.

Son as contas que precisa a cidade, as contas que permitirán ao goberno aumentar sensiblemente o seu investimento nos barrios e poñer en marcha moitos proxectos de mellora así como culminar outros xa en marcha. Os 59 millóns de euros destinados a investimentos contribuirán á dinamización económica da cidade, mais tamén axudarán a transformala nun lugar cunha mellor calidade urbana e con máis servizos.

Melloras en todo o carril bici, e humanizacións de rúas aparecen nunhas contas cuns ingresos que crecen, entre outras cousas, pola incorporación dos fondos europeos Next Generation e IDAE (23 millóns de euros) acadados polo executivo de Inés Rey durante o actual mandato.

Os orzamentos son a ferramenta máis importante que ten un Concello para actuar sobre o terreo, e hoxe podemos dicir que A Coruña conta cunha potente ferramenta para facer unha cidade aínda mellor, porque estes serán os orzamentos que permitirán impulsar a transformación da cidade no momento no que máis o precisa.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp