Licitando un mellor futuro

O que vai de mandato van máis de 100 millóns de euros licitados en obra pública e servizos relacionados con ela; A Coruña é a cidade co maior orzamento de Galicia e tamén a que máis inviste

A semana pasada o Goberno municipal da Coruña sacou a concurso obras públicas por valor de máis de 13 millóns de euros

O Goberno municipal da Coruña sacou a concurso obras públicas por valor de máis de 13 millóns de euros

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

A semana pasada o Goberno municipal da Coruña sacou a concurso obras públicas por valor de máis de 13 millóns de euros. A renovación completa do mercado de Monte Alto (que non é só a do mercado, senón tamén unha escola infantil municipal, a praza e a reurbanización da rúa Joaquín González) e a mellora dun tramo dun quilómetro e medio do paseo marítimo, a primeira delas por máis de 10 millóns de euros e a segunda, por máis de 3 millóns.

Ditas licitacións súmanse á longa listas de concursos e adxudicacións de melloras no espazo público cursadas durante este mandato polo Goberno de Inés Rey, actuacións todas elas encamiñadas a facer da Coruña unha cidade mellor, e das que forman parte fitos tan relevantes como a renovación completa de todo o alumeado público da cidade (máis de 30 millóns de euros) ou a construción da rolda peonil que vertebra a cidade e a renovación de rúas como Alcalde Marchesi, Compostela e a contorna de San Agustín, que encaran a recta final das obras que mudarán eses espazos para dotalos dunha maior calidade urbana.

No que vai de mandato van máis de 100 millóns de euros licitados en obra pública e servizos relacionados con ela. A Coruña é a cidade co maior orzamento de Galicia e tamén a que máis inviste. Non é unha cuestión menor que así sexa. Detrás hai un plan claro e ben trazado baseado en mobilizar recursos para contribuír á dinamización económica e tamén, e non menos importante, un proxecto de cidade, proxecto que ten como fin facer da Coruña unha cidade máis atractiva, unha cidade na que estar.

Todos os indicadores fan pensar que estamos no bo camiño. Despois das restricións da pandemia A Coruña despuntou con forza no país como referente de grandes eventos, atraendo a milleiros de visitantes con grandes citas que van desde os concertos ata os congresos pasando por festas como a de San Xoán. Os datos tamén son positivos no que se refire a sectores como o da construción, cun ritmo de concesión de licencias que non se vía desde había moitos anos, e o son tamén en canto a evolución das cifras de desemprego.

As dinámicas son esenciais para manter o pulso das cidades. As administracións teñen a misión de contribuír coas súas accións a impulsar o movemento económico e social, un movemento que se non conta con forzas que o empurren acaba por deterse cando rematan as últimas inercias. A Coruña móvese e o fai, entre outras cousas, porque hai un goberno municipal detrás levando a cabo importantes investimentos públicos para manter ese impulso. A Coruña é hoxe un lugar máis atractivo e un lugar que mira con optimismo cara ao futuro, con optimismo e con prudencia, porque tampouco somos alleos ás circunstancias internacionais que nos tocou vivir. Mais o sentir na cidade é claro: avanzamos. Ese, e non outro, ten que ser o obxectivo.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp