Devolvendo a luz á cidade

A renovación da iluminación pública é unha mostra de dous dos sinais de identidade do Goberno de Inés Rey: a busca da equidade estendendo as actuacións de mellora a todos os barrios da cidade e a aposta por unha cidade máis sostible

Plaza de María Pita, A Coruña

Imagen de archivo de la Plaza de María Pita, en A Coruña / Creative Commons

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Esta semana aprobamos no Concello da Coruña a adxudicación do segundo lote para a renovación completa da iluminación pública da cidade, que comprende a zona norte. Unha nova actuación que suporá un investimento total de 14,6 millóns de euros e que permitirá devolver á cidade á luz que merece.

Trátase dunha actuación integral financiada principalmente con fondos europeos e permitirá substituír luminarias e centros de control en todos e cada un dos barrios da Coruña, instalando dispositivos de última xeración, con tecnoloxía led regulable por tramos horarios.

O máis relevante é que mellorará a calidade da iluminación en todos os barrios da cidade, e tamén nos permitirá alcanzar un considerable aforro enerxético. A estes 14,6 millóns de investimento na zona norte que aprobamos hai que sumar os máis de 15 millóns destinados á renovación dos distritos sur e sueste, cuxa adxudicación foi aprobada o pasado 29 de abril.

En total investiremos máis de 30 millóns de euros na renovación da iluminación. Nunha actuación suporá a instalación dun total de 21.000 puntos de luz led na cidade. En termos ambientais, esta actuación permitirá evitar que case 6.000 toneladas de dióxido de carbono cheguen á atmosfera cada ano. O proxecto supón tamén a actuación en 305 centros de mando para controlar e regular, de maneira remota, a intensidade da iluminación, introducindo correccións de maneira inmediato das lámpadas onde fose preciso.

A renovación completa da iluminación pública é un dos investimentos máis importantes do actual mandato e supón tamén a actuación máis ambiciosa levada a cabo nunca na cidade para mellorar a calidade lumínica. Pero ademais é unha mostra de dous dos sinais de identidade do Goberno de Inés Rey, a busca da equidade estendendo as actuacións de mellora a todos os barrios da cidade e a aposta por unha cidade máis sostible. O resultado será unha cidade que brille con luz propia.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp