Coruña Camiña

A pandemia puxo de manifesto a necesidade de substituír as formas de mobilidade

Punto de recogida y aparcamiento de la red pública de bicicletas de A Coruña

Punto de recogida y aparcamiento de la red pública de bicicletas de A Coruña

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

A pandemia puxo de manifesto a necesidade de substituír a nivel local as formas de mobilidade duras e insostibles ambiental, económica e sanitariamente, por unha mobilidade branda en transporte público, peonil e en bicicleta.

O goberno municipal da Coruña ten impulsado tres iniciativas crave neste eido: a incorporación de Coruña á Rede de Cidades que Camiñan, a creación do programa Coruña Camiña e a implantación de Coruña Cidade 30 (fai agora exactamente un ano), convertendo A Coruña nunha das primeiras cidades que amosou o seu interese para pacificar de forma integral o tráfico e sosegar a condución, coa fin de conseguir unha mobilidade máis saudable e segura para todos.

O Plan Coruña Camiña serviu para acelerar as políticas en marcha gañándolle, dende a pandemia, máis de 60.000 metros cadrados de espazos peonís ao vehículo privado, baixo a filosofía, un carril menos-unha beirarrúa máis. Foron medidas urxentes en relación coa desescalada, pioneiras a nivel nacional, que obtiveron o recoñecemento de organizacións como Greenpeace e que decidimos manter no tempo, convencidos de que esa implicación da cidadanía cunha nova forma de vivir a cidade, de ocupar os espazos urbanos para convivir en lugar de tratalos soamente como infraestruturas de tránsito, chegaría para quedarse.

Nesta liña, impulsáronse en toda a cidade proxectos de peonalización, semipeatonalización ou mellora da accesibilidade, destacando entre eles a Rolda Peonil (3,5 quilómetros de percorrido peonil continuo ao longo de varios barrios da cidade), que continúa as tres principais rúas peonís dos barrios executadas nos anos noventa (rúas Barcelona, Anxo Senra e Gaiteira) dándolles continuidade e coherencia e conectando equipamentos e polos comerciais. E conseguindo que, despois de catro roldas dedicadas ao tráfico rodado, ao fin a cidade teña unha rolda peonil.

Ademais, co gallo de aumentar a rede ciclable da cidade e de fomentar o seu uso, o Concello puxo en marcha unha actuación integral de mellora da seguridade destes carrís específicos e de incremento dos mesmos que fan un total de 44 quilómetros de carril bici. Investíronse máis de 1,5 millóns de euros na adquisición de 500 bicicletas novas para o sistema de uso público, a metade delas eléctricas, e 52 novas estacións que contarán cun sistema de xestión dixital.

Os proxectos continuarán no que queda de mandato cun denominador común: maior espazo para o peón, introdución de zonas verdes e arboredo nas rúas e creación de espazos libres e de convivencia.

Actuacións impulsadas pola alcaldesa Inés Rey que perseguen procurar unha cidade máis amable, accesible, habitable e acolledora para as persoas, medidas que permitirán conseguir unha maior seguridade viaria, mellorar a accesibilidade e a mobilidade,  favorecer a reactivación económica,  a mellora da saúde pública e unha maior calidade ambiental e de vida.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp