Alvedro despega, despega A Coruña

El aeropuerto coruñés de Alvedro

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Todas as administracións teñen a obriga de ser útiles aos cidadáns. Están para iso. Algunhas, como os concellos, traballan moito máis alá das súas competencias buscando a forma máis eficaz de axudar ás persoas. O goberno de Inés Rey ten demostrado a súa vocación de servizo público asumindo servizos que non lle corresponden, e mesmo suplindo a inacción da Xunta en determinados ámbitos.

Educación, servizos sociais, comercio ou medio ambiente son áreas nas que o Concello da Coruña inviste millóns de euros para suplir a ausencia ou as carencias da Administración autonómica. Seguirémolo a facer para garantir os mellores servizos aos cidadáns. Tamén no turismo este Concello está a adoptar decisións de gran calado para potenciar o sector e, en xeral, a economía local. A convocatoria dun concurso público para o fomento do turismo a través de novas ruta aéreas contribuirá a aumentar a presenza da cidade nos grandes destinos europeos.

«A Coruña estará onde lle corresponde, no mapa dos destinos turísticos de primeiro nivel»

A Coruña estará onde lle corresponde, no mapa dos destinos turísticos de primeiro nivel. Mais optar a oito novas rutas non supón só un pulo ao turismo. Supón tamén promover a recuperación de Alvedro tras a pandemia, apostar de novo polo obxectivo dos 2 millóns de viaxeiros ao ano, e supón dar facilidades á cultura empresarial desta cidade, poñendo á man de autónomos, empresas e emprendedores destinos en todo o mundo. Esta mesma semana tivemos unha boa nova co anuncio dunha nova ruta a Canarias e agardamos que pronto sexan moitas máis grazas as acción que estamos a levar a cabo desde o Consorcio de Turismo.

En suma, facilitar os desprazamentos ata a cidade e desde ela a centos de destinos a través do grandes hubs será un dos piares da recuperación económica posterior á pandemia. Os dous plans de recuperación por valor de 20 millóns de euros postos en marcha desde o ano pasado evidencian que a aposta pola reactivación económica é un elemento esencial deste goberno. Outros prefiren quedarse no marco das súas competencias. Na Coruña o marco o pon a cidade: seguiremos a facer todo o que sexa preciso para que A Coruña avance, como coa promoción turística de novas rutas: se Alvedro despega, A Coruña tamén despega.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp