Á vangarda en transición enerxética

Nueva estructura tarifaria en la factura de la luz

Todas as grandes cidades enfróntanse ao reto de aplicar políticas públicas que entronquen cos obxectivos da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade.

En materia medioambiental, o desafío sitúase na necesidade de poder dispor de enerxía accesible e non contaminante. O Concello da Coruña ven de aprobar o maior contrato en materia de subministro eléctrico da súa historia co obxectivo de renovar completamente o alumeado público da cidade para facelo máis eficiente, máis económico e máis coidadoso co medio ambiente.

Grazas aos máis de 12 millóns de euros de fondos europeos IDAE, o Concello da Coruña poderá afrontar a renovación de máis de 21.000 puntos de luz, trocando as luminarias existentes por outras de luz led, con moito menor consumo e menor mantemento, o que redundará, no curto prazo, nunha maior calidade lumínica, e no longo prazo, nun aforro considerable no gasto enerxético do Concello.

Co novo sistema evitarase a emisión á atmosfera da contaminación equivalente a 2.000 vehículos

O contrato que se acaba de licitar por máis de 30 millóns de euros non inclúe só a renovación das luminarias, senón tamén o seu mantemento, e unha prestación de garantía total contra calquera incidencia ou eventualidade ademáis da aplicación dun sistema de telexestión para regular de xeito remoto o sistema.

No ano 2022 a previsión é que a factura eléctrica sexa de 2,6 millóns de euros, mais unha vez rematada a instalación das novas luminarias, esa factura baixará aos 1,3 millóns de euros, a metade.

Esta renovación integral do sistema de iluminación da cidade non suporá só un aforro económico moi importante, senón que co novo sistema evitarase a emisión á atmosfera da contaminación equivalente a 2.000 vehículos. O goberno que lidera Inés Rey materializa deste xeito o seu compromiso cos obxectivos fixados pola Axenda Urbana 2030 e sitúa á Coruña á vangarda das cidades españolas en materia de sostibilidade e transición enerxética.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp