A revitalización dunha cidade

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Máis de 13.000 persoas asistiron aos espectáculos e actividades postas en marcha polo Concello esta pasada fin de semana con motivo das festas do Rosario. Kiko Veneno, Zenet, Cariño e Garufa Blue Devils actuaron por primeira vez na rúa San Andrés tras a aposta da Alcaldesa, Inés Rey pola revitalización desta rúa coa súa peonalización as fins de semana.

A programación musical complementouse con música tradicional, corais e espectáculos infantís en todos os barrios da cidade. O obxectivo do goberno foi impulsar con esta ampla programación cultural a festividade do Rosario coa finalidade de poñer a disposición de toda a cidadanía actividades e espectáculos para todos públicos. Convertendo ademais á A Coruña nunha das primeiras cidades de Galicia en programar concertos de pé.

A resposta da cidadanía, enchendo todas as actividades planificadas, pon de manifesto o acerto do goberno por volver a dotar de contido cultural e social a unha festividade sinalada na historia da cidade.

«Esta actuación é un exemplo exemplo de como está comprometido o goberno da Coruña coa revitalización económica e social da cidade»

Pero ademais esta actuación é un exemplo de como está comprometido o goberno da Coruña coa revitalización económica e social da cidade sen dubidar en dedicar todos os recursos dispoñibles a este fin: mobilización de axudas directas para os sectores máis afectados, impulso as licencias e a contratación de obra pública e programación dunha oferta cultural ampla e variada que ademais de impulsar a un sector moi afectado pola crise, incentive o consumo e potencie o turismo na cidade.

Estou convencido de que a partir da semana que ven co levantamento das restricións e a entrada na nova normalidade, a cidade da Coruña encarará a senda da recuperación económica e poderemos volver a poñer o foco nos proxectos que contribuirán a facer da Coruña de novo un referente en políticas sociais e culturais e convertela nesa cidade moderna, atractiva e de vangarda coa que todos soñamos.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp