A luz que merece A Coruña
Queremos unha cidade mellor, con máis servizos e mellor calidade urbana, unha cidade máis atractiva capaz de xerar emprego e riqueza
O Concello da Coruña ven de tramitar nunha semana investimentos que superan os 20 millóns de euros e que se executarán nos próximos meses na práctica totalidade dos barrios da cidade. Investimentos destinados a humanización da cidade, a creación de novos espazos para os cidadáns, a mellora dos servizos actuais e a reforzar a aposta da pola sostibilidade. Queremos unha cidade mellor, con máis servizos e mellor calidade urbana, unha cidade máis atractiva capaz de xerar emprego e riqueza. E estámola a conseguir con investimentos como os aprobados.
Un dos máis relevantes é a adxudicación dos traballos para comezar a renovación completa do alumeado público da cidade, unha ambiciosa intervención financiada principalmente con Fondos FEDER a través do IDAE e que permitirá que o Concello acometa en todos os barrios da cidade a substitución das lámpadas obsoletas por dispositivos de última xeración e tecnoloxía led, regulados por tramos horarios. En total, serán substituídas máis de 21.000 lámpadas, o que non só redundará nunha mellora da iluminación en todos os puntos da cidade, senón que suporá un aforro no gasto enerxético con respecto ao actual, liberando recursos municipais para outras moitas inversións.
Grazas a este investimento, axudaremos a reducir as emisión anuais de CO2, evitando que case 6.000 toneladas de dióxido de carbono cheguen á atmosfera cada ano
Comezaremos por barrios como O Castrillón, Eirís, A Gaiteira, Catro Camiños, Os Castros, Elviña, Mesoiro, Novo Mesoiro e Feáns e continuaremos co resto da cidade, que verá renovado, e por tanto mellorado de forma integral, todo o seu alumeado. Mais nunca se abordara como agora se fai a reforma da iluminación completa da cidade.
Grazas a este investimento, axudaremos a reducir as emisión anuais de CO2, evitando que case 6.000 toneladas de dióxido de carbono cheguen á atmosfera cada ano. Mais temos un compromiso igual de forte coa mellora dos servizos que prestamos aos cidadáns. Atendemos así a demanda dunha mellor e máis eficiente iluminación.
A renovación do alumbrado público é un compromiso do goberno de Inés Rey e será tamén un dos maiores investimentos nesta cidade en anos. Investimento que ten por finalidade algo moi sinxelo: darlle á Coruña a luz que merece.