A Coruña súbese ao tren

A importancia do tren a Langosteira non é un asunto menor. As cidades precisan medios que faciliten a súa dinamización económica, ferramentas que permitan xerar riqueza e emprego e diferenciarse do resto pola vía do aumento da competitividade

Raquel Sánchez José Miñones e Inés Rey

La ministra de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Raquel Sánchez (i), durante su visita a A Coruña, donde ha sido recibida por su alcaldesa, Inés Rey (c), el delegado del Gobierno, José Miñones (d), donde ha informado sobre el avance de la conexión ferroviaria al puerto exterior de Punta Langosteira ante autoridades locales y autonómicas. EFE/ Cabalar

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

O pasado venres en María Pita a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, e a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, anunciaban a inminente licitación dunha infraestrutura esencial. O enlace ferroviario a Langosteira completaba os trámites previos para se converter nunha realidade. A infraestrutura, que levaba máis de 17 anos durmindo nun caixón será, por fin, real e palpable. O será grazas a un investimento de 171 millóns de euros que o converten nun dos proxectos máis custosos postos en marcha na Coruña desde a propia construción do porto exterior, operativo desde hai xa unha década, mais carente ate o de agora do necesario impulso para o seu despegue.

A importancia do tren a Langosteira non é un asunto menor. As cidades precisan medios que faciliten a súa dinamización económica, ferramentas que permitan xerar riqueza e emprego e diferenciarse do resto pola vía do aumento da competitividade. Esa ferramenta esencial chega por fin grazas as xestións postas en marcha pola alcaldesa da Coruña.

O ferrocarril, ao final, está chamado a abrir moitas portas. A primeira, a do emprego nun momento como o actual, marcado pola incerteza xerada pola pandemia e agora tamén pola brutal invasión de Ucraína por parte de Rusia. A segunda, a da seguridade na ría, coa marcha dos tráficos potencialmente perigosos a un porto máis capacitado para darlles cobertura e máis lonxe de grandes núcleos habitados. A terceira, a da reordenación urbana e a apertura ao mar da cidade. Todas esas portas estarían hoxe pechadas de non ser pola construción no novo ferrocarril.

O porto disporá dunha ferramenta moito máis potente para xerar riqueza. O tren, incorporado ao Eixo Atlántico, servirá para mover graneis a toda a península desde A Coruña, potenciando o carácter graneleiro dos peiraos coruñeses, mais tamén abrindo o arco a novas mercadorías e á chegada de máis empresas. O ferrocarril será unha inmensa oportunidade para A Coruña, unha oportunidade chegada da man da acertada xestión política desa infraestrutura. Non é posible dar solución a todos os problemas e demandas dunha urbe ao mesmo tempo, mais nunca se solucionaron tantos, e tan relevantes, en tan pouco tempo.

Ao final, a boa xestión tamén é iso, solucionar problemas. E facelo nuns anos como os que nos tocou vivir ten especial relevancia. A Coruña ten este ano uns orzamentos como non tivo na súa historia, e A Coruña terá tamén un porto como non tivo xamais grazas á chegada do tren. Só mobilizando as ferramentas precisas poderemos poñer as bases para saír da mellor maneira posible dunha década convulsa. Os anos 20 nunca foron tranquilos. Os deste século tampouco. A misión que temos é axudar a que rematen mellor do que empezaron.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp