González Formoso: “O Atlas debe ser un catalizador de boas prácticas na xestión pública”

O presidente da Deputación da Coruña destaca, durante a presentación do Atlas Urbano de Sostibilidade de Galicia, que se trata dunha ferramenta “que coincide cunha das grandes preocupacións da poboación”

Valentín González Formoso

Valentín González Formoso, presidente de la Deputación da Coruña, en la presentación del Atlas Urbano de la Sostenibilidad en Galicia. Foto: Xurxo Lobato

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Economía Dixital Galicia presentou este martes en Compostela a primeira edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia , un proxecto que mide o compromiso ambiental das sete cidades en función de diferentes parámetros. No acto estiveron presentes a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,  Ángeles Vázquez , e o presidente da Deputación da Coruña,  Valentín González Formoso , que farán a súa propia lectura dos resultados do atlas.

Así, o alcalde das Pontes e secretario xeral dos socialistas galegos destacou que o Atlas é “ unha ferramenta para implantar na conciencia dos xestores públicos ”. “Os resultados non veñen para enfrontarse ás institucións, ao contrario. É un documento que ten que servir de catalizador de boas prácticas na xestión pública”, explicou.

Ferramenta útil

“É unha ferramenta que coincide cunha preocupación que sempre está presente nas enquisas do CIS dentro das tres primeiras preocupacións e que está a provocar un tremor no mundo científico”, indicou, para agradecer a aposta de Economía Digital Galicia coa innovación proxectos coma este.

“O compromiso medioambiental das cidades, a súa sustentabilidade, está directamente ligado ao New Green Deal europeo en marcha para acelerar a transición ecolóxica. Debemos darnos conta de que tres factores que ten en conta o maior fondo da historia en materia de reconstrución, dous son de natureza ambiental”, sinalou. “Este Atlas vai a afondar, ao final, nunha das preocupacións capitais tanto das institucións, de Bruxelas, como dos cidadáns”, dixo o político.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Ahora en portada