Museo Estrella Galicia e a ruta das camelias, os trens turísticos máis exitosos
Os trens turísticos da Xunta e Renfe acadan o 80,9% de ocupación media nas 11 rutas propostas este ano e dous dos seus itinerarios cubriron o 100% das prazas: a ruta das camelias en flor e a do Museo Estrella Galicia de A Coruña
Os trens turísticos de Galicia superan o 80% de ocupación nas 11 rutas programadas por distintos puntos da xeografía galega. Esta iniciativa, posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración coa empresa Renfe e o Inorde, acadou o 80,9% de ocupación, xa que das 2.040 prazas ofertadas ata o momento, 1.650 foron cubertas. Os trens turísticos de Galicia combinan viaxes en tren con visitas a lugares especiais de Galicia e están en desenvolvemento dende 2013.
Na presente edición son 11 itinerarios diferentes: a Ruta dos queixos de Galicia; a Ruta das Mariñas; a Ruta dous faros; a Ruta dos Pazos e xardíns históricos; a Ruta do Viño Rías Baixas; a ruta do viño do Ribeiro; a Ruta do Viño de Monterrei; a Ruta da Lamprea; a Ruta dos mosteiros; a Ruta da Camelia Florecida e a Ruta Experiencia do Museo Estrella Galicia, na Coruña. Estes dous últimos acadaron o 100% de ocupación.
Os prezos dos billetes destes trens mantéñense estables desde 2019: 45 euros para adultos e 20 euros para nenos por ruta.
Presentación da novena tempada dos Trens Turísticos de Galicia – XUNTA DE GALICIA
As rutas máis exitosas
As dúas rutas que acadaron o pleno de ocupación son as do Museo Estrella Galicia-Mega e a ruta da camelia en flor, que une Santiago e Soutomaior.
Ruta experiencia Mega e A Coruña de 1906
1906 foi o ano no que naceu unha das empresas máis emblemáticas e queridas da comunidade: Estrella Galicia. O itinerario permite coñecer o museo construido por Hijos de Rivera xunto á fábrica de A Coruña e vivir unha experiencia inmersiva nas súas instalacións, finalizando a visita cunha degustación de cerveixa e produtos galegos.
Pola tarde prográmase unha visita a Abegondo para coñecer os elementos básicos para a elaboración da cerveixa: a auga do embalse de Cecebre e o lúpulo, cultivo que se atopa en pleno proceso de recuperación e expansión nesta comarca das Mariñas.
Ruta da camelia en flor
A Ruta inclúe a visita aos tres xardíns que contan coa certificación de Excelencia Internacional.
O primeiro é o Pazo Quinteiro da Cruz, no corazón do Salnés. Nel florecen máis de 5.000 exemplares de camelias de máis de 1.500 variedades, entre elas a sinensis, a partir de la cal elaboran o seu propio té, que poderás degustar durante a xornada.
A seguinte cita ten lugar no castelo de Soutomaior, no que descubrirás o seu xardín de camelias con nomes de muller: Rosalía de Castro, María Casares ou a Bella Otero.
Finalmente, a viaxe leva cara o Pazo de Rubiáns, que conta cuns xardíns que naceron no século XVII e aos que se foron incorporando magnolios, criptomerias ou araucarias. Conta con máis de 800 variedades de camelias e unha finca de albariño. A visita remata cunha degustación do viño.