Galicia bate o seu récord de exportacións: rozan os 30.000 millóns
O IGE amosa que Galicia pechou o ano 2022 con vendas ao exterior por valor de 29.892 millóns de euros, superando así nun 18% ol récord de 25.274 millóns acadado en 2021
Novo récord de exportadores para Galicia. A comunidade arquivau o exercicio de 2022 tras selar vendas ao exterior por valor de 29.892 millóns de euros, o que supón a cifra máis alta da historia.
As exportacións disparáronse un 18,3% fronte aos 25.274 millóns de euros rexistrados en 2021 e aos 20.956 millóns colleitados en 2020 marcado polo estalido da pandemia. Os datos de 2022 tamén bateron os récords anteriores á crise do Covid-19, xa que en 2019 Galicia rexistrou vendas no exterior por valor de 22.261 millóns de euros.
Segundo o Informe de Comercio Exterior publicado este xoves polo Instituto Galego de Estatística (IGE), as exportacións creceron case a metade das importacións. E a escalada da factura enerxética, entre outras cousas, levou á comunidade a realizar compras no estranxeiro por valor de 27.189 millóns de euros.
Trátase dun salto do 34,8% fronte aos 20.171 millóns acadados no 2021. Esta tendencia provocou que a balanza comercial galega (a diferenza entre o que se gaña polas exportacións e o que se gasta en importacións) se reducise a 2.802 millóns de euros, un 45% menos que en 2021.
No conxunto do ano, os produtos que máis influíron no comportamento das exportacións son os combustibles e aceites minerais (da refinería de Repsol na Coruña), a roupa non de punto e a roupa de punto. Pola contra, as exportacións de buques e embarcacións tiveron unha influencia negativa. No lado das importacións, tamén foron os combustibles os que contribuíron con maior peso ao seu crecemento.
A nivel nacional, as exportacións do conxunto de España aumentaron un 22,9% en 2022, con 389.208 millóns de euros, mentres que as importacións aumentaron un 33,4%, ata os 457.321 millóns, deixando un saldo negativo de 68.112 millóns.